Hai pouco relancei un hoax no Facebook

Hai pouco relancei un hoax no Facebook, que previamente me enviara unha compañeira de profesión para ver que opinaba. Trataba sobre unha nena desaparecida, "Jennifer García", pero borreino, de contado, para non ser tamén eu (demasiado) cómplice do bulo. (Que me perdoen se nestes minutos alguén picou e o reenviou con toda a súa boa vontade). 
A análise da carta, breve, dun proxenitor desesperado por encontrar a súa filla non me levou nin dez minutos; non quixen prolongar máis a treta de lingüística forense. Obviamente, tratábase
dunha demanda ficticia, pero non sempre é tan doado de detectar. 
Este caso veume como anel ao dedo para ilustrar o vulnerables que somos a estes enganos, especialmente a xente miúda. Este exemplo non máis nos fixo perder un pouco o tempo, pero ás veces, comportan atitudes e obxectivos que non son percibidos a simple vista
Para quen tendes fill@s, ollo!, alertáde@s sobre o que nos colan desde as redes.    ;-))


Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: - Pericias caligráficas de textos y firmas - Análisis documental - Lingüística Forense - Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes - Datación y análisis de tintas - Dictámenes por escrito en gallego y castellano Colaboración con el Laboratorio Documental LEYAS, mbar@leyas.es gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /

Comentarios

Entradas populares