O tranvía "de" Abel Caballero
Tranvía grafftieado en el barrio vigués de Coia. Foto de Instagran, da web de Faro de Vigo |
Na nosa sección de "graffitis civilización ou barbarie", xa mostrei a miña atracción polo arte urbano e por suposto o antagonismo entre graffiti artístico e vandálico. Un mundo complexo; segundo a expresión máis primitiva das gangs, o graffiti: "canto máis dano mellor".
Aí radica o xérmolo do clásico graffiteiro/a ególatra que, por onde pasa, deixa pegada. Non ten máis intención que desenvolver o ego, que falen, neste caso, mal de ti.
Lamento que borraran tan de contado a peza "artística", e que a foto sexa incompleta, porque daba para unha boa análise pericial.
Pese á mala idea de molestar a iniciativa do alcalde da cidade, Abel Caballero, aos poucos días da súa revalidación por maioría aplastante polo pobo de Vigo, a ofensa esténdese aos nosos petos que somos quen pagamos a limpeza destas trastadas.
En calquera caso, enmendar a desfeita é necesario, pero non se descarte que se trate dun caso illado. A/o artista xa contou co seu momento de gloria, "iso mola", pero imaxino que esta entrega é só o comezo; ao loro.
Comentarios
Publicar un comentario