Emilia Pardo Bazán e a pena capital. A pedra angular a debate
Publico o avance dun artigo que sairá proximamente en prensa en torno á pena de morte. Fálase un pouco de todo: antropoloxía criminal, Concepción Arenal, o garrote vil, o verdugo, o "Crimen de la calle Fuencarral".
Emilia
Pardo Bazán e a pena capital.
A
pedra angular a
debate
“Un
segundo, un pateo; menos aínda: a convulsión dun corpo atado ao
fincarse nas vértebras un parafuso... Iso e nada máis é a morte."
(A pedra angular, 1891)
Introdución
Pardo
Bazán publica en 1891
A
pedra angular1
(en
adiante, APA),
unha
das súas novelas máis controvertidas e avanzadas desde o punto de
vista social e ideolóxico.
Centrada
no debate sobre a pena de morte, APA somete a unha dura crítica a
toda a maquinaria xudicial e penitenciaria da España da
Restauración.
Non
é de estrañar a súa desconfianza na recepción da novela, como lle
transmite nunha misiva a Benito Pérez Galdós2,
“Madrid,
finales de 1891”
No
sé lo que será esta novela sin amores y casi sin acontecimientos, o
en que al menos los acontecimientos quedan en segundo término para
dejar sitio a las ideas. (Parreño,2013:189)
Para
centrar o asunto, desvelemos antes
a
trama en
dúas pinceladas:
Na
aldea de Erbeda aparece asasinado un carreteiro; inmediatamente
recaen as sospeitas sobre a muller, sometida a constantes agresións
por parte do home, e a un cómplice, e cuñado da vítima.
Sen
probas concluíntes, e tras pasar todos os trámites burocráticos a
muller e o seu suposto amante son condenados a morrer no garrote vil.
Así
llo explica por carta ao seu bo amigo e mentor Giner de los Ríos:
...na
miña intención, a novela é o verdugo... por ser quen é... Acaso a
verdade non sexa verosímil, pero é ben verdade todo elo, salvo o
final por suicidio... Jorge Meyer (Juan Rojo) morreu de morte
natural.
Antes
de seguir indagando na novela cómpre recoñecer o estado da cuestión
en materia penal por aqueles tempos.
O
debate sobre a pena capital alcanzou unha enorme repercusión na
política española do último terzo do século XIX, incendiando o
parlamento pos-revolucionario de 1869 (do que o propio José Pardo
Bazán formaría parte, no bando dos liberais de Salustiano Olózaga),
entre abolicionistas e partidarios do castigo.
Non
se trata dun feito illado. Pardo Bazán aborda ás veces
explicitamente o aspecto ritual da pena e outras enxértase nas
tramas relacionada con outros contidos transversais como o indulto ou
a mecánica procesual.
Dentro
da primeira modalidade podemos encontrarnos con contos didácticos
como "Pena de morte". Nesta secuencia, un señorito obriga
a un servente a descargar uns tiros sobre unha ave que o molestaba:
Para
que non te esquezas de que polo roubo vaise ao asasinato, polo
asasinato ao garrote..., anda, aperta ese gatillo e pégalle unha
perdigonada a lerianta. Sen medo!... Baleirei o segundo canón da
escopeta...e caín redondo, pateando, cun ataque de nervios que din
daba pena mirarme.
Cunha
enorme habilidade técnica Pardo Bazán desenvolve esta controversia
e as súas secuelas, ao longo da novela APA, formando parte de
aceirados e desmitificadores debates, cargados de sentido do humor;
aquí intervén Primo
Cova:
¡Verán
qué copla!
A
miña avoa quere que abola
eu
a pena capital.
¡Eu
non son bolo, e non abolo
a
garantía social!
(Pardo
Bazán, 2003:132-133)
Pardo
Bazán cuestiona a necesidade dunha pedra
angular, no
edificio social, como a pena de morte. Para a escritora a pena
capital consérvase como un vil atavismo
incompatible
cunha sociedade avanzada.
Se
recapacitamos sobre a nosa historia máis recente, o feito de que a
pena de morte quedara suprimida na Carta Magna de 1978, Continuará
1
Pardo
Bazán, Emilia (2003): A
pedra angular (trad. e introdución:
Mónica Bar Cendón). Vigo, Edicións Xerais.
2
As citas textuais van en lingua orixinal, coa salvidade das
escolmadas da novela, xa traducida.
Comentarios
Publicar un comentario