Lembranza de Dorotea Bárcena
Marchas Dorotea, Agasallo de sombras,
agnus dei; actriz daqueles tempos en que o teatro era rito, tanto fóra como dentro da escena. A actriz de furgoneta, descargas e
trafegos dos trebellos: focos, xelatinas e cestos para o vestiario,
e cámaras negras de fondo. Todo feito na casa.
Tod@s a
unha; e persegue ao Concelleiro, que non embebede que hoxe non cobran
@s cómic@s.
Ficheches o imposible, agarrarte a
grupa do cabalo e non conseguir soltarte por fortes que soprasen os
ventos da antiga farsa.
Teatreira, proletaria de escena,
impoñente e tenra; pouco tratei contigo, mais recordo verte gozar
nos camerinos, máis dunha vez, despois da función; todo o corpo
ebulindo, a maquinaria criativa inda estaba en movemento.
Vaste Dorotea:
recalcitrante teatreira,
sen remedo.
Comentarios
Publicar un comentario