Indicios ou evidencias? (I)
Indicios ou
evidencias? (I)
Indicios ou
evidencias é nomenclatura común en calquera investigación. Toda
persoa especialista (peritus) aspira a ser a peza clave dunha
investigación que conduza a aclarar un caso civil, social ou
penal.
Somos
perseguidoras/es da verdade. Non hai cousa que máis incomode @s
profesionais da pericia que non poder chegar a deduccións, ou
mellor, a conclusións nidias e evidentes sobre un asunto calquera.
Pero hai un importante número de ocasións en que a argumentación
absoluta resulta imposible.
Non por iso debe
desdeñarse a pericia ou a/ao profesional, e ser consciente de que un
dictame é un medio de proba, por ende un camiño, non unha meta
inexpugnable.
Fronte ao “perito
estrela” nós non gañamos xuízos, colaboramos coa xustiza.
Por outro lado, é
de común crenza que a ciencia aporta valores infalibles. Cantas
veces neste traballo temos que enfrontarnos a miudezas que poden ser
senón definitivas ailladamente, si determinantes en conxunto. Por
exemplo, a prioridade dun trazo sobre outro, nunha rúbrica; algo non
sempre discernible pero cando se consegue, pode ser un tesouro.
É cando unha confía no día que se poida acceder a unha proba química que dilucide as
décimas de segundo que tarda un trazo de pluma fonte, ou de tinta
xel en pasar por riba do outro.
As probas, indicios
ou evidencias, do inglés, evidences,
veñen sendo o mesmo, pezas do puzzle, que non sempre encaixan, por
moi cientificamente que se actúe. Así o comprobamos coas testemuñas
dos peritos do Caso Asunta, mentres o xurado popular se retira a
deliberar.
Comentarios
Publicar un comentario