De cando a caligrafía devalou en poema
De cando os obxectos deron en chamarse poemas
Falando de caligrafía, non podo por máis que festexar a nova páxina dun dos poucos artistas integrais que coñecín nesta vida (do Renacemento para acó) ao escritor, escultor, instalador (artístico, non sei se tamén técnico) Pepe Cáccamo.
Cantas veces, obnubilada polas ópticas do microscopio con que analizo os documentos, imaxino que as letras se liberan do ductus, deixando un ronsel de fíos do papel para emprenden unha vida de seu, fóra do meu Gabinete.
Imaxino nas caligrafías e obxectos poematizados de Pepe Cáccamo, as novas singraduras das miñas pezas de estudo.
Benvida a súa páxina chea de enxeños, divertida, fermosa, pensante.
Por veces sinto o guiño do pintor Urbano Lugrís, con estes poemas (invento un nome para esta técnica?) ultrafísicos; porque levan forma, contido, historia, reminiscencias vitais do artista e de toda unha xeración, ou dúas, ou tres.
Deixemos a crítica academicista para plumas máis autorizadas.
Non sabería cal escoller nesa amalgama de humor, coidado e ritmo.
Parabéns deste Gabinete amigo.

Comentarios
Publicar un comentario