II Test de tragadeiras democráticas

Despois do éxito da primeira entrega, o GC.mbc renóvase cunha nova edición do test de Tragadeiras democráticas*


As cousas apenas cambiaron desde aquela porque o SUXEITO recoñeceu o escrito do seu puño e letra, e mudou o seu noble apartamento pola non menos nobre cela de Soto del Real.
Pero non convén esquecer de onde partiu todo.
Daquela, como agora, pasado o tempo, o obxectivo do test aspira a coñecer o estado da deglución no Electorado; ese tipo de enquisas non as fai nin Sigma nin Demoscopia.

Colaboren, non descoiden o aparato dixestivo.

Xa me contarán da fiabilidade do meu método demoscópico.


Qué faría vostede se lle caese este documento nas súas mans?




A) Quedaría como estou. Comparado cos 44 kilos do autor da contabilidade de Suíza...  SI/NON

B) Aceptaría algún carguiño e poríame á cola, e deixaría o caciño, a ver se me cae algo. 
SI/NON
C) Consolaría ao Presidente por ser o peor pagado: 2.100.000, non dá nin pa gasofa. 
SI/NON
D) Pediría ao Paco A.C. que devolvera as pezas cazadas con Fraga mentres se afundía o Prestige, e de paso os 3.300.000 del ala.
SI/NON
E) Preguntaríalle a Rato, como estivo tan "rato" e non meteu eses aforriños en Bankia.
SI/NON
F) Sacaría a Alí Babá da cova e metería a todos eles cuns bidóns de lexivia para papel moeda.
SI/NON
G) Fundaría unha seta EREmita na Cartuja, para recuperar a alfarería tradicional.
SI/NON
H) Mandaríaos a Siberia. Ou non, que aghora van para alá @s defraudadores e viven felices e comen dos renos que caza Putin.
SI/NON

Cada resposta positiva 10%
  • 100%: estás imposible, mellor nin votes, porque nin te gusta nin o consideras necesario
  • 80% a 40%: votarías polo dentista de Raphael, por aquilo de votar con XEITO.
  • 41% a 21%: vas collendo o timón da túa vida, pero fáltache o GPS
  • 20% a 11%: tragadeiras relativas, pero con acidez; iso si, dadas as circunstancias habería que ir deixando o Omeprazol.
  • 10% a 1%: tragas pouco e con dificultade, pero estás no camiño
  • 0%: Nin con sonda nasogástrica, non tragas e non tragas
PARA IMPACIENTES, Preguntas comodín, DE PORCENTAXE AUTOMÁTICA:

I) Menuda chorrada!:  0 %

I.I) Menuda chorrada! E nin de coña independencia para Cataluña, viva el Alcorcón, el Barça, á Segunda.  (Resposta en deferencia ao xefe, en vésperas da extraordinaria)  

J) Todo o anterior, como mínimo!: 100%

VOG  SSPXP*: texto en versión orixinal galega,  sen subtítulos, para xente plurilíngüe

Comentarios

Entradas populares