A cremalleira de Gideon Sundbäck
Gideon Sundbäck (1880-1954)
O sueco que revolucionaría o mundo da moda vinte anos máis tarde, inventou a cremalleira, despois dunha concienzuda investigación de 8 anos (de 1906-1914) que inicialmente se empregaría como peche para as botas e as bolsas de tabaco.
Para cantas cousas se nos ocorrería usar unha cremalleira, ao mellor non todas positivas. Pechar insinúa censura, tensión; pero tamén seguridade, confort. Péchanse as prendas de roupa pero tamén as tendas de campaña, permitindo o son dos paxaros e o rumor das árbores como telón de fondo. As cremalleiras pechan sutilmente os accesos superficiais para deixar voar a imaxinación dentro dos mil mundos que ofrece, por exemplo un libro, que onte, día 23 de abril, celebraba o seu día. Longa vida as páxinas que se abren e pechan sempre tan gustosamente...
Comentarios
Publicar un comentario