Longa vida ao legado de Rita Levi-Montalcini
Temos mil motivos de agradecemento á figura da Nobel Rita Levi-Montalcini, como científica, polos seus achados sobre a plasticidade neuronal, e pola súa teima na formación de novas xeracións de científicas aló onde o acceso ao ensino era un privilexio para uns poucos. Porque a pena non nos impida brindar pola prosperidade do seu legado.
Unhas palabras que perpetúen a súa imaxe neste blog.
Nunha entrevista a piques de cumprir 100 anos, Rita Montalcini (Turín, 1909) mostraba a súa sagacidade e sentido do humor, avalando as teses que respaldan o descubrimento que premiou a Academia Sueca: o factor de crecemento neuronal (Nerve Growth Factor, NGF). A forza do seu cerebro, curioso e entusiasmado pola ciencia ata o último momento presaxiaban outros cen anos de vida, desafiando ao deterioro fisiolóxico. De aí que recibir esta noticia nos produza unha inmensa desolación, neste momento tan crítico para a ciencia, para a investigación, que en gran medida poría en risco o desenvolvemento do seu legado.
Comentarios
Publicar un comentario